CRTVG

Buscar

Rouban nunha peixería de Marín 1.000 euros, mercadoría e unha imaxe da virxe

Publicado o 04/01/2019 19:17

O dono desta peixería de Marín descubriu o roubo o xoves de madrugada. Un ou varios descoñecidos asaltáronlle o local. Roubáronlle máis de mil euros, mercadoría e outros efectos.

"Ás 5 da mañá, cando ía para a lonxa, xa vin a pechadura rebentada, a neveira aberta, aquí enriba estaba a Virxe do Carme, levaron a Virxe do Carme".

Á parte dos cartos que lle levaron coa caixa, polo momento non fixo unha valoración económica do resto do roubado: varias caixas de cigalas, langostinos e gambóns, unha báscula, e outra que lle deixaron estragada. O que máis lle doe é que lle roubaran a imaxe da Virxe, que xa lle estragaran outros ladróns.

"Non entendo para que a levaron. Da outra vez tirárona, rebentáronlle a caixa de caudais e logo leveina a un ebanista para que a reparase".

Ten previsto formalizar hoxe mesmo a denuncia na comisaría de policía para poderlle dar parte do roubo ao seguro.

Noticias web

04/01/2019