CRTVG

Buscar

Deteñen dous homes roubando na antiga Residencia de Lugo

Publicado o 24/03/2020 13:55

Os detidos son dous homes, de 42 anos, collidos na allada roubando dúas veces no mesmo lugar: a antiga Residencia de Lugo. Dúas semanas antes xa foran sorprendidos pola policía, xunto cunha terceira persoa, no interior das instalacións roubando material que se está a empregar nas obras de remodelación do edificio.

Os roubos foron de madrugada e as lanternas que empregan para moverse no interior espertaron as sospeitas dos veciños, que alertaron a policía, que agradece a colaboración cidadá.

O voceiro da policía nacional di que non poden estar en todos os sitios e menos nestas circurstancias. Se algún veciño os avisa, poden estar no lugar antes incluso que coas alarmas.

Os homes tentaron fuxir a pé, pero foron interceptados polos axentes.

No interior dun vehículo que tiñan preparado no exterior a policía atopou material subtraído valorado nuns 5.000 euros. Cobre, gasóleo da maquinaria..., calquera cousa que logo poidan vender.
É o terceiro roubo de material que se rexistra nun mes no interior deste edificio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2020