CRTVG

Buscar

Roubo de película en Ourense, fan catro buracos para esquivar a alarma

Publicado o 03/12/2019 13:42

No polígono empresarial do Vinteún, en Ourense, non dan creto ao espectacular roubo cometido nesta nave pertencente a unha multinacional líder en distribución de material eléctrico.

Sospeitan que foi de noite, a fin de semana, cando todas as empresas están pechadas e tremenda sorpresa cando chegaron os empregados e viron os cuantiosos danos que provocaran en toda a nave para levar menos de 1.500 euros.

No barrio do Vinteún están asustados coa profesionalidade deste asalto.

A Policía Nacional estivo xa na nave recollendo pegadas e investiga quen cometeu en Ourense este roubo de filme de atracos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019