Róubanlle unha cadea de ouro na súa cara
A muller non o podía crer. Unha veciña de Ourense quedou sen a cadea nun instante, e iso que desconfiou da moza que lle veu falar.
É o que a Policía Nacional cualifica como furto amoroso. Aproveitan o contacto para levar reloxos, pulseiras ou cadeas. Non é a primeira vez que a esta veciña se lle achega a moza. Intentouno noutra ocasión, pero daquela non conseguiu o obxectivo
A policía observa un incremento deste tipo de delitos. Pide, sobre todo aos maiores, que son os que máis sofren este tipo de roubos, que desconfíen dos descoñecidos.
A policía ofrece unha serie de recomendacións para evitar casos coma estes, consellos que forman parte dun plan deseñado e posto en marcha pola Policía Nacional en que, a través de reunións e charlas, ofrecen pautas aos maiores para aumentar a súa seguridade.