CRTVG

Buscar

Rouban vinte mil euros en xoias de ouro nunha tenda de empeños da Coruña

Publicado o 11/09/2020 14:40

Con susto e desgusto. Así di estar Jana, a empregada desta tenda de empeños da Coruña, horas despois de sufrir un roubo.

"Ao parecer fixo o burato desde o inmoble do lado. Os veciños escoitaron ruídos pola noite e tamén ás dúas da tarde", explica Jana Torres, a empregada do negocio.

Xa dentro, o ladrón foi directo ás vitrinas onde estaban expostas as xoias de ouro valoradas nuns vinte mil euros.

"Non lle interesaron os obxectos de tecnoloxía que tamén no local nin os cartos que había na caixa", comenta Jana.

A xulgar polas imaxes da cámara de seguridade, Jana cre que na tenda entrou só unha persoa. 

A Policía Científica achegouse ao local para coller pegadas. Agora encárgase da investigación para poder dar co autor do roubo e poder prendelo.

 

Noticias web

11/09/2020