CRTVG

Buscar

Rouban unha retroescavadora no Corgo aproveitando a paralización da actividade

Publicado o 14/04/2020 14:09

No concello lugués do Corgo os ladróns aproveitaron a paralización da actividade para subtraer por pezas unha retroescavadora.

A máquina, de grandes dimensións, permanecía estacionada nesta parcela dende a declaración do estado de alerta. Os ladróns despezaron a retroescavadora e levaron os cazos dianteiro e traseiro, as rodas dianteiras e unha porta. Non levaron máis porque o propietario descubriu o que estaba acontecendo e retirou o que quedaba cun guindastre. Valora o subtraído en 6.000 euros.

Noticias web

14/04/2020