CRTVG

Buscar

Rouban unha obra de Van Gogh aproveitando o peche do museo

Publicado o 30/03/2020 21:26
Rouban unha obra de Van Gogh aproveitando o peche do museo

Un cadro de Van Gogh foi roubado a pasada madrugada aproveitando o peche do Museo Singer, na cidade holandesa de Laren. A obra Spring Garden (Xardín de primavera) reflicte un dos lugares de paz e inspiración do artista.
Este valioso óleo, datado en 1884, retrata o xardín da casa parroquial de Nuenen, onde o pai de Van Gogh foi pastor e onde o pintor postimpresionista viviu tres anos. O director do museo, pechado pola pandemia, informou de que esta foi a única obra roubada e que xa está aberta unha investigación.
 

Noticias web

30/03/2020