CRTVG

Buscar

Rouban un tractor en Lugo ao que lle remataban de pór unhas rodas novas

Publicado o 07/11/2017 14:17

O vehículo, da gran tamaño e cunha pa, está valorado en máis de 20.000 euros. Levárono dunha parcela pechada en que se cría unha eguada con máis de 40 cabezas de gando.

Nesta parcela pechada de Orbazai, en Lugo, roubaron un tractor de 100 cabalos cunha pa. Crese que o levaron cun camión despois de quitarlle o remolque. 

O tractor estaba valorado en máis de 20.000 euros. Ademais, o seu dono acababa de investir uns 2.000 euros nunhas rodas novas. Agora, terá que adquirir un novo vehículo agrario para darlle servizo á que é a maior eguada de Lugo. 

O sistema de seguridade fallou, polo que non existen gravacións do roubo. En todo caso, dende a Comisaría de Lugo están a investigar a súa autoría

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2017