CRTVG

Buscar

Rouban un tractor en Lugo valorado en 40.000 euros

Publicado o 20/03/2017 20:30

Para acceder ao alpendre en que estaba gardado forzaron unha cancela. A Policía Nacional investiga o acontecido

Os ladróns roubaron nunha parroquia rural de Lugo un tractor seminovo e valorado en preto de 40.000 euros. Para acceder ao alpendre en que estaba gardado forzaron unha cancela. A Policía Nacional investiga o acontecido.

Era neste pendello da parroquia de San Xoan de Pena, en Lugo, onde se gardaba o tractor que foi roubado de madrugada. O vehículo estaba valorado en 40.000 euros e, aínda que se mercara hai tres anos, estaba prácticamente novo. O propietario decatouse do roubo cando foi a collelo para traballar con el. A cancela apareceu forzada e o vehículo xa non estaba. Agora xa presentou denuncia ante a Policía Nacional.

"Viña buscar o tractor porque lle iamos levar unha pouca leña a un veciño. E cando cheguei vin as cancelas rebentadas. Estaba todo tirado polo chan así que xa pensei mal. E logo comprobei que o tractor faltaba do lugar onde se gardaba. Así foi", di o propietario.

Segundo algúns veciños e empresarios da zona, este non é o primeiro roubo destas características que se produce. En semanas pasadas,  tamén desapareceron outros equipos e apeiros de maquinaria agrícola. Por eso e para evitar novas visitas dos amigos do alleo, o dono do tractor insta os veciños a que tomen nota das matrículas se ven vehículos sospeitosos rondando pola contorna de madrugada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017