CRTVG

Buscar

Rouban un reloxo de 5.000 euros en Verín en plena rúa ameazando o home que o levaba

Publicado o 11/07/2018 14:23

E en Verín, róubanlle a plena luz do día un reloxo valorado en 5.000 euros a un home de 76 anos. Parouno unha muller cando camiñaba pola mañá por esta rúa da vila, nese intre o cómplice do asalto ameazou o home cun obxecto punzante nas costas e tirouno ao chan para arrebatarlle o reloxo. A vítima vive en Barcelona. A Garda Civil anda á procura desta parella por un roubo con violencia e intimidación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018