CRTVG

Buscar

Rouban un rabaño de ovellas en Vilaboa

Publicado o 22/02/2021 14:05

Dez ovellas preñadas, un carneiro e cinco años formaban o rabaño que durmía no cuberto desta parcela situada en Pedrouzo, no concello de Vilaboa.

O seu propietario deixounas o venres á noite dentro e o sábada pola mañá non había nin rastro dos animais. Quen o fixo levou tamén as cordas das dúas ovellas que guiaban o rabaño, polo que puido ser tarefa doada cargalas nun vehículo nunha madrugada en que a chuvia e o vento camuflaron outros ruídos. Só tiveron que dar un pequeno rodeo e baixar o valado, porque na entrada directa había un coche aparcado.

Daniel Acuña Rubianes, propietario do rabaño di que "ao principio pensamos que escaparan polo vento. Ao ver o valado baixado cremos que saltaran por enriba, pero logo de estar buscando toda a fin de semana démonos conta de que faltan as cordas das que tiñamos atadas e as ovellas non aparecen por ningún lado. Xa non sospeitamos de que están perdidas, senón que as roubaron".

Daniel tiña previsto volver a Moaña esta mañá para presentar a denuncia. Cóntanos que empezou coas ovellas hai uns cinco anos e que do rabaño non queda nada. Está amolado porque lle levaron os seus 16 animais e lle deixaron unha fenda económica: "Sobre uns mil seiscentos euros, porque había pequenos e tantas adultas como un carneiro e as ovellas estaban preñadas a punto de parir".
Os animais tiñan crotal e chip gástrico de identificación.

Noticias web

22/02/2021