Rouban un estanco e detéñenos tras deixar un regueiro de paquetes na fuxida
Eran as 4 da mañá cando saltou a alarma deste estanco situado na rúa Aragón de Vigo, alertando os veciños, entre eles os propietarios do establecemento.
Tras avisar a policía e describirlle os ladróns, os axentes non tardaron en dar con eles. Atoparon o vehículo dun nas inmediacións e no seu interior as ferramentas necesarias para cometer o roubo. Identificada a matrícula activaron a busca do propietario por unha zona próxima.
As evidencias deixadas polo camiño da fuxida facilitaron a detención do seu compañeiro. Os propietarios do estanco recuperaron a mercadoría, pero non o caixón da rexistradora, en que había preto de 250 euros. Aseguran que o peor son os danos materiais.
Os detidos, con 37 e 17 antecedentes policiais respectivamente, xa pasaron a disposición xudicial.