CRTVG

Buscar

Rouban tres veces na casa parroquial de Pastoriza, en Arteixo, mentres o sacerdote durmía

Publicado o 05/12/2019 14:35

Ata en tres ocasións entraron os ladróns na casa parroquial de Pastoriza, no concello coruñés de Arteixo, situada a escasos metros da igrexa. E fixérono por esta ventá. Pero este non é un caso illado.

Tamén entraron nunha panadería. Forzaron a porta e unha vez no interior esquivaron a caixa rexistradora para evitar ser gravados pola cámara de seguridade. Foron directos a un caixón da oficina á procura de cartos. Porén marcharon coas mans baleiras porque os propietarios do negocio escoitaron ruídos, baixaron ao local e eles fuxiron. Si lograron roubar nun bar.

A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer todos estes roubos e poder dar co paradoiro dos ladróns.
 

Noticias web

05/12/2019