CRTVG

Buscar

Rouban os alimentos de Cáritas de Neda para repartir entre as familias necesitadas

Publicado o 18/03/2019 13:54

O primeiro dos roubos rexistrouse neste local de Cáritas en Santa Icía, en Narón. Os encargados fixeron un repartimento de alimentos o mércores pola tarde e cando volveron o xoves atoparon a porta forzada e unha gran parte dos estantes baleiros.

Pero os danos foron maiores. Os mesmos ladróns ou outros volveron a noite seguinte a apoderarse dos víveres que quedaban. Unha auténtica desfeita para a parroquia, que ve comprometido o próximo repartimento de alimentos entre as 60 familias que atenden.

"Calculo que entre 2.000 ou 2.500 euros. Exactamente non o sabemos. Acababamos de realizar unha compra de 600 euros e o resto tiñámolo aí".

A este local de Narón acudiron axentes da Policía Científica recoller pegadas coas que tratan de identificar os delincuentes.

A mesma noite do xoves uns decoñecidos desvalixaron outro almacén de Cáritas na parroquia de Santa María, no veciño concello de Neda. Os ladróns forzaron unha porta do local parroquial e apoderáronse de alimentos por valor duns 500 euros que se adquiriran a véspera.

Aquí distribúen alimentos e produtos de hixiene entre as familias necesitadas unha vez ao mes. O próximo repartimento vai ser aínda máis austero do habitual.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2019