CRTVG

Buscar

Rouban de novo o neno Xesús en Ourense

Publicado o 25/12/2019 21:30

En Ourense, esta madrugada volveron roubar o neno Xesús. No seu lugar puxeron un boneco de plástico. Tamén romperon outras figuras do belén da alameda.

Estes estragos prodúcense só un día despois de que os repararan doutros ataques previos. Está claro que nin o Nadal está a salvo do vandalismo. A pesar diso, centos de ourensáns vano visitar cada día.

Noticias web

25/12/2019