CRTVG

Buscar

Rouban o equipo de son dunha orquestra valorado en 40.000 euros

Publicado o 28/04/2020 21:27

Óscar leva tempo aparcando o remolque-escenario a carón deste campo de fútbol nunha zona próxima ao hospital Meixoeiro de Vigo. Era un lugar seguro, protexido polas cámaras de vixilancia do recinto deportivo, ata esta madrugada.

O material subtraído está valorado nuns 40.000 euros, pero o alcance da perda aínda é maior. A temporada de traballo das orquestras está no aire.

O roubo xa foi denunciado na policía e, segundo a vítima, houbo máis casos semellantes no último mes nesta zona.
 

Noticias web

28/04/2020