Rouban nunha mañá tres vivendas dun mesmo edificio no campus de Ourense
As forzas de seguridade investigan en Ourense o roubo en tres vivendas dun mesmo edificio da zona do campus universitario. Os ladróns entraron durante a mañá e asaltaron os pisos a plena luz do día aproveitando a ausencia dos seus propietarios. Levaron xoias e cartos aínda por cuantificar. Nun mes eminentemente vacacional moitas vivendas e negocios permanecen pechados estes días na zona.
Os veciños destes edificios situados nas inmediacións do campus de Ourense, din estar preocupados polos roubos. O último, ou máis ben os últimos dos que tiveron noticia foron neste inmoble da Rúa Nova. Asaltaron tres vivendas nunha mesma mañá.
Din que non teñen dúbidas de que non se trata de roubos casuais e que os ladróns vixían os edificios antes de dar os seus golpes. Sorprende ademais que malia ter que forzar as portas de entrada das vivendas, actuaron moi rápidamente e a plena luz do día.
Vivendas e persianas de locais comerciais permanecen pechadas estes días de festas e vacacións, por iso din, moitos dos veciños da zona tardaron días en decatarse dos últimos roubos.