CRTVG

Buscar

Rouban nunha farmacia en Santiago tras escachar o cristal coa reixa dun sumidoiro

Publicado o 24/02/2021 13:08

Pasaban das dúas da mañá cando se activou a alarma desta farmacia do barrio compostelán de Vite. Uns individuos entraban no local despois de romper un dos cristais de seguridade.

Utilizaron a reixa dun sumidoiro que colleron nas proximidades da farmacia. O botín, o pouco cambio que quedaba do día anterior.

Javier Rodríguez, farmacéutico: "Nunca deixamos nada. Só o xusto para empezar a traballar ao día seguinte. Moi pouca cantidade, é máis toda a lata que dá que o diñeiro perdido".

O farmacéutico leva aquí dous anos e medio. Di que considera o barrio seguro, aínda que mellorable. 

Javier Rodríguez, farmacéutico: "É un barrio moi bo para vivir. Pero ten cousas mellorables. Hai unha iluminación mala, pola noite non hai moita luz nin nos edificios nin na rúa. E hai demasiada vexetación diante da farmacia".

Agora vese obrigado a reforzar a seguridade do local cunhas reixas disuasorias.

Noticias web

24/02/2021