CRTVG

Buscar

Rouban nunha farmacia de Sigüeiro estampando un coche contra a reixa

Publicado o 10/08/2020 14:22

Roubaron nunha farmacia en Sigueiro, preto de Santiago. Durante a madrugada tres homes nun BMW esnafraron o coche varias veces contra a reixa e a porta principal do local ata que conseguiron entrar.

Antes intentárano por unha porta lateral e por unha das ventás blindadas, sen conseguilo. Os atracadores levaron a caixa coa recadación e tras abandonar o lugar o coche apareceu queimado na veciña parroquia de Chaián. Esta farmacia xa fora atracada previamente no mes de outubro.

Noticias web

10/08/2020