CRTVG

Buscar

Rouban nun bar de Santiago e levan máis de 2.000 euros da recadación

Publicado o 12/10/2020 13:52

Carme Castiñeiras, leva 20 anos como xerente do Gambrinus, unha coñecida cervexaría do Ensache compostelán. É a encargada de abrir cada mañá o negocio, pero onte levou o susto da sua vida ao atopar a verxa forzada e que lle levaran a caixa rexistradora coa recadación.

As cámaras de seguridade gravaron o roubo. As imaxes están en poder da Policía Nacional que xa lle segue a pista ao ladrón. Carme asegura que o identificou nada máis velo e que se trata dun delincuente común e xa fichado. Agora di sentirse impotente e con medo.

Malia que as cámaras só gravaron o individuo que entrou, Carme asegura que tivo que necesitar axuda para abrir o enreixado. Levaron máis de 2.000 euros de botín. Era a recadación de varios días, o que supón un duro mazazo para o negocio nos tempos difíciles que corren para o sector.

Noticias web

12/10/2020