CRTVG

Buscar

Rouban na igrexa do mosteiro de San Salvador de Bergondo

Publicado o 13/01/2020 21:06

Os ladróns accederon ao interior desta igrexa tras o romper o cristal dunha ventá. Unha vez dentro fixéronse cunha morea de pezas, pero non coas de máis valor.

Rubén Aramburu, párroco: "O máis valioso son unhas coroas da virxe das Dores. Roubaron tamén dez candelabros, un crucifixo e o copón do sagrario...".

No último ano intentaron roubar neste templo de Bergondo noutras catro ocasións. A última, días antes do asalto. Non o lograron grazas á alarma. Pero desta volta, non estaba concectada.

Reinaldo, sancristán: "Iso foi un esquecemento. Aínda non sabemos quen sacou a alarma e cando marchou non a conectou".

Os delincuentes levaron pezas por valor duns seis mil euros. E coas présas, posiblemente, esqueceron estas luvas.

A Garda Civil encárgase agora da investigación.


 

Noticias web

13/01/2020