CRTVG

Buscar

Rouban na Coruña un mono de carreiras do piloto italiano Valentino Rossi

Publicado o 13/06/2018 20:56

Rouban na Coruña un traxe do piloto italiano Valentino Rossi, o nove veces campión do mundo de motociclismo. O mono de carreiras estaba exposto nun concesionario de motos da cidade.

O traxe exhibíase no interior dunha urna de seguridade neste concesionario. En total 60 quilos de peso que non foron un inconveniente para que o ladrón, que actuou só, o levara. O mono de carreiras era propiedade da marca que patrocina a lenda do motociclismo, Valentino Rossi, o nove veces campión do mundo, sete delas na categoría de Moto GP.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018