CRTVG

Buscar

Rouban material de construción no polígono de Catoira

Publicado o 05/06/2020 13:53

Nesta parcela do polígono de Catoira é onde vai levantar as novas instalacións unha empresa familiar de Vilagarcía á que lle quedou pequena a súa nave de Bamio. Ten unha traxectoria de 40 anos e 13 empregados. En plenos traballos para acondicionar o terreo, que resultou costaneiro de máis e rochoso, levan sufrido xa dous roubos de material en quince días.

Óliver Álvarez Lorenzo, xerente de Meycatec: "Diferente material de construción, de forxado e tubaxe. O que veu, veu cunha furgoneta, levou tubaxe de 6 metros de longo. Viña preparado para roubar. Non foi alguén que pasou por alí e colleu unha ferramenta, non".

Calcula que o valor do material subtraído pode andar polos tres mil euros.

 Óliver Álvarez Lorenzo, xerente de Meycatec: "Supón moito porque ademais do problema que tivemos co terreo, pola inclinación e coas rochas, aínda por riba que nos veñan a roubar na obra. A unha empresa como a nosa que tomamos a decisión de medrar, a pesar de que non nos axudan desde o IGAPE, nin temos moitas axudas, que nos veñan roubar é algo bastante frustrante para a empresa".

A crise do coronavirus fixo que esta empresa orientase a súa actividade á fabricación destes dispensadores mecanizados que se accionan co pé.

 

Noticias web

05/06/2020