CRTVG

Buscar

Rouban maquinaria por valor de máis de 200.000 euros nunhas canteiras da Terra Chá

Publicado o 08/08/2019 13:52

Os ladróns asaltaron dúas canteiras da Terra Chá das que levaron maquinaria de obra por valor de máis de 200.000 euros.

Os roubos producíronse nos concellos de Pol e Cospeito. En ambos os dous casos, as pezas subtraídas son esenciais para o funcionamento das retroescavadoras que retiran a area das canteiras. Trátase de unidades de control e cadros de mando das máquinas.

Os autores dos roubos aproveitaron a falta de vixilancia nos accesos ás instalacións, que era onde se atopaba a maquinaria. As empresas propietarias das canteiras xa denunciaron o acontecido ante a Garda Civil, que está a investigar o caso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019