CRTVG

Buscar

Rouban maquinaria e animais nunha granxa de coellos de Agolada

Publicado o 23/01/2020 14:01

Coa porta aberta e as pechaduras rebentadas, así atopou Jaime Roqueiro a súa granxa de coellos en Basadroa, Agolada, cando chegou a mañá do mércores. Marchara de alí había menos de 12 horas, e dispoñíase a preparar os animais para entregarllos á cooperativa coa que traballa.

"Estaban as portas abertas, rebentadas e todo revolto. Levaron penso, algúns coellos, un xerador, trades, unha rebarbadora, unha garrafa de gasóleo...".

O cálculo aproximado que fai do valor do substraído roza os 2.500 euros. Este cunicultor tivo noticia doutro roubo, a mesma noite, no local dunha asociación de Visantoña, de onde tamén levaron ferramentas e outros materiais, e pensa que foron os mesmos autores. Segundo asegura, hai pouco tamén roubaron en Melide.

"Esta zona está moi mal", quéixase.

A Garda Civil xa investiga os feitos despois de acudir e tomar mostras de posibles pegadas.

Noticias web

23/01/2020