CRTVG

Buscar

Rouban en sete vehículos estacionados en varios garaxes do centro de Lalín

Publicado o 15/07/2021 14:43

Na madrugada do domingo, sete vehículos estacionados en diferentes garaxes do centro de Lalín foron o branco dos ladróns. Accederon ao interior do aparcamento e con algún obxecto contundente romperon os cristais e trataron de facerse con posibles obxectos de valor que houbese no interior. O botín foi escaso en todos eles menos nun, no que atoparon unha considerable cantidade de diñeiro. 

Aínda se descoñece quen pode estar detrás destes actos delitivos. Mantéñense abertas varias liñas de investigación, algo que ten aos veciños das cinco zonas afectadas algo preocupados. A Garda Civil fai un chamamento a todos os veciños para que sexan precavidos á hora de estacionar os vehículos. 

 

Noticias web

15/07/2021