CRTVG

Buscar

Rouban en dous bares da Picota, Mazaricos

Publicado o 03/12/2019 14:35

Preocupación entre os hostaleiros de Mazaricos polos roubos rexistrados en dous bares da Picota. O ladrón entrou primeiro neste local rompendo o cristal da porta de entrada. Levou a caixa rexistradora e as moedas da máquina comecartos. Pouco despois empregaba o mesmo método para entrar na cafetería dun hotel situado a 200 metros do anterior. Neste caso o ladrón marchou coas mans baleiras ao non haber no seu interior máquina comecartos.

Noticias web

03/12/2019