CRTVG

Buscar

Rouban en catro coches preto do hospital de Lugo

Publicado o 23/09/2019 16:03

Romperon as ventás con pedras e remexeron no interior dos vehículos na procura de obxectos de valor. Así actuaron os ladróns que asaltaron catro coches na contorna do Hospital Lucus Augusti. Aproveitaron a escuridade da noite para actuar nas zonas onde non hai iluminación pública nin veciños que os puideran detectar. Finalmente, só se fixeron con algunha documentación e cunhas lentes de sol.

Os roubos son un problema engadido para os donos dos coches que acoden ao hospital, que tamén viron como na pasada semana se incrementaba a actividade dos aparcacoches.

Noticias web

23/09/2019