CRTVG

Buscar

Rouban dúas esculturas, de 500 quilos cada unha, dunha gasolineira de San Cibrao das Viñas

Publicado o 25/07/2019 14:30

Son as esculturas roubadas en imaxes de arquivo, cada unha pesa case media tonelada.

A xente estaba hoxe abraiada. Fuxiron coa Virxe do Carme e co Santiago Peregrino, pezas únicas do escultor Diego Currás talladas en granito de labra de Trasalba.

Pois non. Estaban expostas nesta concorrida estación de servizo da A-52 en San Cibrao das Viñas, pero ninguén se decatou de nada.

Cóntanos por teléfono o autor das obras, que está de viaxe, que non é a primeira vez que rouban unha escultura desta exposición ao pé da autovía, pero nunca dúas de tanto valor.

Diego Currás, que ten feito traballos de cantería para a Catedral de Santiago, presentou denuncia na Garda Civil, que xa revisou as imaxes das cámaras da gasolineira sen atopar nada. Agora estudan incrementar a seguridade do recinto valado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/07/2019