CRTVG

Buscar

Rouban de madrugada nunha nave industrial do polígono de Barreiros, en Ourense

Publicado o 13/08/2019 13:04
Rouban de madrugada nunha nave industrial do polígono de Barreiros, en Ourense

Cinco mil trescentos euros e diversa mercancía. Ese foi o botín que conseguiron os ladróns nunha nave do polígono ourensán de Barreiros. Entraron de madrugada forzando unha fiestra e provocando importantes estragos. Levaron dúas caixas rexistradoras e mercancía que estaba a venda e que todavía teñen que cuantificar. As forzas de seguridade apuntan a que puidera tratarse dunha banda itinerante especializada en establecementos comerciais.

Noticias web

13/08/2019