CRTVG

Buscar

Rouban cinco petos da igrexa de Sabarís en Baiona, o segundo asalto en quince días

Publicado o 25/07/2019 14:24

 


Aproveitaron un descoido ao mediodía, cando saían as floristas encargadas de engalanar esta igrexa, para coarse dentro da igrexa de Santa Cristina e arrincar por completo estes cinco petos de madeira suxeitos á parede.

En Sabarís estes días están de dobre celebración. Por un lado, as festas patronais, e por outro que hoxe esta igrexa conmemora o seu centenario da súa construción. Iso implica que estea máis tempo aberta. Ensaios, misas e máis horas de culto do que se beneficiaron os ladróns nun descoido a plena luz do día.

É a segunda vez que rouban os donativos desta igrexa en apenas dúas semanas. Intúen que pode ser alguén da zona que xa levaba tempo axexando polos seus exteriores.

Ambos roubos xa están sendo investigados pola Garda Civil.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/07/2019