CRTVG

Buscar

Rouban berberecho dun proxecto de investigación na ría de Arousa

Publicado o 09/11/2020 15:29

A Consellería do Mar denunciou ante Garda Civil un roubo de berberecho, que bota por terra un proxecto de investigación relacionado co parasito marteila.

Segundo a conselleira do Mar, que hoxe visitou as instalacións do Centro de Investigacións Mariñas, desapareceron arredor de 5.200 individuos desta especie dunha batea instalada na ría de Arousa.

Entre eles, un lote de exemplares de segunda xeración que estaba a dar bos resultados de supervivencia á enfermidade. O suceso supón perder máis de dous anos de traballo do proxecto Croquedous, que ten como obxectivo buscar estirpes resistentes ao parasito.

"Estas mostras, se ben non tiñan valor comercial, si eran moi importante a nivel investigador... e agora teremos que volver empezar de cero", dixo Rosa Quintana, conselleira do Mar.

 

Noticias web

09/11/2020