CRTVG

Buscar

Rouban as xoias de ouro que vestían os santos nunha igrexa de Camariñas

Publicado o 13/03/2019 19:56

Preto de cinco mil euros en xoias levaron os ladróns na igrexa parroquial de Xaviña, en Camariñas. Quitáronlles os colares e os pendentes das ofrendas a tres santos. Nun deles quedou un rastro de sangue que xa investiga a Garda Civil.

A patroa da parroquia, Santa María de Xaviña, foi a máis prexudicada. Leváronlle varias cadeas e pendentes de ouro ofrecidos polos fregueses. Foi no seu manto onde os veciños detectaron restos de sangue.

Tamén saquearon a figura da Dolorosa e do san Brais. Os veciños calculan que as perdas oscilan entre catro e cinco mil euros.

Non saben ben como conseguiron entrar. A ventá da sancristía estaba forzada e arrincaron un valado do parque infantil para usalo, supostamente, como escada. Pero todo pode ser unha simulación.

Como medida correctora, os santos de Xaviña xa non locen xoias de valor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2019