CRTVG

Buscar

Rouban a embarcación dun pescador de Pontecesures

Publicado o 07/10/2020 13:32

Un pescador da comarca de Caldas quedou sen a embarcación coa que gaña a vida porque alguén lla levou de onde a tiña amarrada.

O barco, co seu equipamento, estaba no río Ulla, onde a ponte que une a beira de Rianxo e a de Catoira.

El soubo da desaparición este luns pero sospeita que lla roubaron na fin de semana. O material roubado ten un valor que o dono cifra en máis de vinte mil euros.

Noticias web

07/10/2020