CRTVG

Buscar

Rouban a campá da igrexa de San Xosé de Prado, en Gondomar

Publicado o 06/08/2021 14:41

Mercárona con achegas dos veciños hai case 70 anos, por iso ten un gran valor sentimental. Os habitantes de San Xosé de Prado miran a capela con indignación. Un templo que quedou orfo despois de que os ladróns ousaran levar unha campá de 100 quilos. 

Foron os propios veciños os que se decataron da subtración. Cren que os delincuentes empregaron unha corda para descolgar a campá. Non sospeitan quen puido subtraela. Pensan que debeu ocorrer pola noite e que actuaron polo menos tres persoas. 

Noticias web

06/08/2021