Rouban a campá da liberdade no Fuciño do Porco
Publicado o 28/05/2021 21:28

Rouban no Fuciño do Porco, no Vicedo, a ' campá da liberdade'. Permanecía anclada desde o 15 de abril pasado nunha estrutura con forma de corazón e era un reclamo turístico do lugar.
Pertenceu a un barco desguazado e estaba ubicada no comezo da parte final da ruta. Ten unha campá xemelga en Portomarín co mesmo nome 'Liberty Bell', para darlle a benvida aos visitantes. Cren no concello que o roubo non ten sentido ningún.