CRTVG

Buscar

Rouban 8.000 euros polo método do descoido nunha tenda agrícola da Bandeira

Publicado o 16/01/2019 19:51

Rouban 8.000 euros polo método do descoido nunha tenda agrícola da Bandeira, en Silleda. Mentres un dos delincuentes entretiña o dono do negocio, o seu cómplice apoderouse da caixa dos cartos e fuxiu con ela.

A Faustino, o dono deste negocio de subministracións agrícolas de Bandeira, roubárono dous homes utilizando o método do descoido. Os ladróns entraron na tenda minutos antes das dúas da tarde, cando xa estaba a recoller. Mentres un deles quedaba no mostrador, outro pediulle un saco de penso para as galiñas, unha mercadoría que estaba ao fondo do almacén.

Os dous ladróns xa pasaran pola tenda contra as dez e media da mañá. Daquela había máis clientela. O luns era día de feira en Bandeira e o botín pode achegarse aos 8.000 euros.

"Tiña todo o cambio, 6.000 € de cambio, e mais o que se fixo na feira, que era unha feira boa, de venda de patacas para semente, e a caixa sumaba, si."

A Garda Civil trata de identificar os delincuentes revisando as cámaras de seguridade dos negocios próximos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2019