CRTVG

Buscar

Rouban 6500 euros nunha tasca de Laxe

Publicado o 16/07/2020 14:08

Sucedeu o domingo pasado neste restaurante situado no centro de Laxe. O encargado de abrir o establecemento o luns pola mañá decatouse de que faltaban os cartos da recadación da semana anterior, unha cantidade estimada nuns 6500 euros, que estaba depositada nun lugar que só coñecían os empregados.

O furto produciuse sen que se forzara ningún acceso ao local. O autor ou autores escolleron o momento en que máis cartos podían sustraer, xa que ao ser domingo acumulábase a facturación de toda a semana.

O dono do local, que rexenta outros restaurantes en Laxe e na Coruña, denunciou os feitos ante a Garda Civil de Carballo, que está a investigar o sucedido.

As sospeitas do propietario diríxense a algún ex-traballador do restaurante, xa que quen sustraeu os cartos coñecía perfectamente o lugar onde se gardaba a recadación e puido acceder ao local sen forzar a entrada.

Polo momento estanse revisando as cámaras de seguridade para intentar aclarar o furto.

Noticias web

16/07/2020