CRTVG

Buscar

Rouban 5.000 euros destinados a unha excursión de alumnos no CEIP de Maside

Publicado o 06/11/2019 12:53

A Garda Civil investiga o roubo de 5.000 euros nun colexio de Maside. Eran os cartos que os rapaces recadaran para realizar unha excursión. Os ladróns accederon ao centro forzando unha fiestra despois de desactivar a alarma e cortar a iluminación. Romperon varias portas ata chegar á zona de oficinas onde había unha caixa forte. Abrírona e marcharon con todos os cartos que había dentro. As forzas de seguridade xa inspeccionaron as instalacións e tomaron pegadas para intentar dar cos autores deste roubo.

Non é o único que se rexistrou na comarca. Nos últimos días os ladróns tamén entraron en varias vivendas da zona do Carballiño e Boborás, sempre á procura de cartos en efectivo e xoias. Nunha delas chegaron a a obter un botín de 30.000 euros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019