CRTVG

Buscar

Rouban 2.500 euros nunha sucursal bancaria de Padrón tras distraer unha empregada

Publicado o 21/06/2019 13:20


Sucedeu contra as once da mañá do xoves nesta sucursal bancaria de Padrón. Catro persoas entraron a cara descuberta. Eran tres homes e unha muller. Mentres varios deles se dirixían ao mostrador onde estaba a empregada e falaban con ela, outra persoa do grupo puido aproveitar para introducirse nun despacho. A empregada só se decatou de que faltaban os cartos, uns 2.500 euros, cando o grupo saíu da oficina sen levar a cabo ningunha operación. Axentes da Policía Local e da Garda Civil acudiron á sucursal para recabar probas que permitan deter os ladróns. Para tratar de identificalos, contan coas imaxes captadas polas cámaras de seguridade do banco.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/06/2019