CRTVG

Buscar

Rouban 150.000 euros en cadeas de ouro nunha xoiería de Vimianzo

Publicado o 20/05/2019 13:04

A Policía Xudicial de Carballo investiga o roubo perpetrado nunha xoiería de Vimianzo. Foi o sábado, contra as seis da tarde. Un individuo de pelo roxo entrou como cliente na tenda e pediulle á dona que lle amosase cadeas de ouro. Nun descoido da señora, colleu un dos mostrarios e fuxiu. Na rúa agardábao un cómplice cun turismo de cor gris.

Na denuncia non consta ningunha valoración das xoias roubadas que, segundo algúns medios, pode chegar a 150.000 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019