CRTVG

Buscar

Rouban 1.600 metros de cable de cobre das obras do AVE en Ourense

Publicado o 20/05/2019 13:10

Novo roubo nas obras do AVE en Ourense. Aconteceu no treito entre A Gudiña e A Mezquita.Os ladróns marcharon con 1.600 metros de cable de cobre que estaba preparado para instalar nun dos túneles. O valor do subtraído ascende a 10.000 euros. É o primeiro roubo importante que se denuncia nas obras de alta velocidade despois de que a Garda Civil detivera, hai máis dun mes, dous homes como presuntos autores de ata 26 roubos de material e combustible nesta zona. As continuas subtraccións de material levaron as empresas encargadas das obras do AVE a incrementar a vixilancia tanto de día coma de noite. As forzas de seguridade tamén investigan un roubo nunha vivenda en Paderne de Allariz. Os ladróns tamén ían por cobre. Desvalixaron completamente a casa. Marcharon mesmo coas tubaxes da auga. Os propietarios valoran o roubado en 20.000 euros e as desfeitas noutros 10.000.
 

Noticias web

20/05/2019