Roubaban en Ourense escachando o escaparate coa tapa dun sumidoiro
Publicado o 10/07/2020 14:42
A Policía Nacional de Ourense detivo dous homes acusados de roubar en tres tendas escachando os escaparates con tapas de sumidoiros.
Os delincuentes cometeron presuntamente os tres asaltos de madrugada, en distintos barrios da cidade das Burgas e en só unha hora e media.
Arrincaron as tapas dos sumidoiros máis próximos aos establecementos comerciais e empregáronas para esnaquizar o cristal e acceder ao interior das tendas para coller os cartos da caixa rexistradora.
Os arrestados teñen 26 e 27 anos, son naturais de Ourense e xa teñen detencións anteriores.