CRTVG

Buscar

Rouba unha botella de whisky dunha furgoneta, comparte a bebida nun pub de Teo, e despois subtrae o vehículo e sofre un accidente

Publicado o 13/02/2020 13:11
Rouba unha botella de whisky dunha furgoneta, comparte a bebida nun pub de Teo, e despois subtrae o vehículo e sofre un accidente

A Garda Civil investiga un veciño de Santiago como suposto autor do furto dun coche, de danos e furto de bebidas.

Os feitos acontecenron despois de que a vítima da subtracción alertara a Garda Civil de que lle levaran unha furgoneta que tiña aparcada en Teo mentres se encontraba nun pub da zona. Posteriormente, o vehículo foi atopado en Outes, onde ao parecer tivera unha saída de vía que lle impediu continuar coa circulación.

Tras a investigación, os axentes puideron saber que o suposto autor xa tivera ese mesmo día un accidente co seu coche e que, posteriormente, foi a un pub da zona de Teo onde estivo consumindo bebidas alcólicas. 

Mentres se encontraba alí tomando copas dirixiuse á furgoneta, que posteriormente subtraeu, da que sacou unha botella de whisky e invitou a consumir a todas as persoas que estaban no interior do establecemento. Posteriormente, aproveitou que o vehículo tiña as chaves postas e abandonou o lugar dos feitos, sufrindo unha saída de vía en Outes que ocasiounou diversos danos materiais.

Cando a furgoneta foi localizada, puideron encontrar no seu interior unha bufanda que pertencía ao autor dos feitos. Dos obxectos que había no interior só faltaba unha botella de whisky, segundo o denunciante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí