CRTVG

Buscar

Xornada de observación de aves na enseada de San Simón

Publicado o 26/01/2020 22:56

Estamos no mellor momento para a observación das aves que pasan o inverno en Galicia. Algunhas, como os parrulos, están a piques de migrar ao norte de Europa. A enseada de San Simón na ría de Vigo foi o lugar elixido para organizar este domingo unha xornada para observalas.

Nas inmediacións do peirao de Arcade, Gustavo explica aos asistentes como perderon a impermeabilidade os corvos mariños, como é o gaviotón, e que os parrulos serán os primeiros en volver migrar ao norte de Europa. Os asistentes escoitan e observan atentos este espectáculo único.

Entre os asistentes hai moitos que acoden por vez primeira pero tamén algúns que recuncan fascinados pola experiencia.

A finais deste mes as aves van adoptando as cores nupciais e axiña chegará a primavera que é outro momento óptimo para a observación xa doutro tipo de aves.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/01/2020