CRTVG

Buscar

Roteiro dos lagares rupestres en Oímbra

Publicado o 12/07/2019 02:15

Arrancamos o roteiro dos lagares moi preto de Oímbra na adega das Barrocas. Foi propiedade dun relixioso no século dezaoito.

E o certo é que esta tradición vitícola remóntase a séculos atrás. Os lagares rupestres recuperados, os lugares nos que se transformaba a uva en mosto, aproveitaban as estruturas pétreas da natureza para este proceso. Están datados entre os séculos doce e trece.

Os mosteiros de Montederramo e Celanova que tiñan influencia nesta zona, eran recaudadores de impostos, dúas quintas partes da colleita dos viticultores eran para o clero. O viño era a moeda de cambio no 80 por cento das transaccións cotiás.

Un roteiro invita a coñecer estes lagares o último domingo de cada mes ata o próximo setembro. Agricultura e historia van da man nesta proposta, que encara xa a súa segunda edición.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2019