CRTVG

Buscar

Rostros famosos apoian mercar no comercio local de Ourense

Publicado o 22/04/2020 13:49

Os comerciantes aguzan o enxeño para tentar saír adiante nesta crise sanitaria. En Ourense, na praza de abastos, buscaron a axuda de varios famosos. Editaron un vídeo que promociona as compras na praza e tamén no comercio local.

O vídeo tenta darlle voz a todo o pequeno comercio. Rostros coñecidos que piden que non nos esquezamos do comercio local. Un sector que fala de perdas de ata o 60 por cento por mor desta pandemia

Unha campaña que están a difundir a través das redes sociais e que está pensada nesta etapa de confinamiento para facer reflexionar sobre a necesidade de apoiar o comercio de proximidade nas cidades.

Din que hai que apostar polo comercio máis próximo á espera de que o COVID pase e poidan reactivar os seus negocios.

Noticias web

22/04/2020