CRTVG

Buscar

Rosell, absolto dun delito de branqueo

Publicado o 24/04/2019 19:36
Rosell, absolto dun delito de branqueo

Absolto o ex-presidente do Fútbol Club Barcelona, Sandro Rosell, dos delitos de branqueo e organización criminal. A Audiencia Nacional conclúe que non hai probas que demostren que Rosell axudou a branquear comisións ilegais para dirixentes da Confederación Brasileira de Fútbol.

A fiscalía pedía para o ex-mandatario blaugrana 6 anos de cadea. Rosell pasou 22 meses en prisión preventiva, unha reclusión pola que os seus avogados estudan agora esixir responsabilidades.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/04/2019