CRTVG

Buscar

Rosaura Leis, coordinadora de Nutrición Pedriática do CHUS: "A obesidade infantil é a maior enfermidade de discriminación social"

Publicado o 13/02/2018 10:09

Na entrevista do Bos Días falamos de alimentación e hábitos saudables con Rosaura Leis, coordinadora de Nutrición Pedriática do CHUS:


Os pais o modelo de alimentación para os fillos

"Unha nai embarazada debe alimentarse adecuadamente porque os gustos empezan no útero. É unha constante aprendizaxe. Hai constantes xenéticas pero para que un sabor novo guste, a veces hai que probalo ata 8 ou 9 veces."

"Os cambios nos estilos de vida dos últimos anos condicionan un ambiente xenerador de obesidade. É o resultado de inxerir máis e gastar menos. Hai que facer máis actividade física. Estamos consumindo alimentos moi ricos en enerxía e os nenos móvense menos e o seu ocio é ocio pasivo."

"Comer adecuadamente garantiza vivir mellor, aumentar a graxa corporal significa aumentar o risco de enfermidades."

"Na mesa familiar debe haber froita, peixe, lácteos...unha dieta saudable. O papel da familia é fundamental e o da escola tamén. Son moitos os nenos que comen na escola."

"As lambetadas e as bebidas azucaradas deben de ser consumidas esporádicamente. No almorzo en vez de tomar pan integral con leite toman bollería industrial. Estamos invertindo a pirámide nutricional."

"Debemos separar, por un lado, a pandemia de sobrepeso ou obesidado e por outro, a patoloxía que pode levar moitas veces forzada ou de risco ao patrón de delgadez que nesta sociedade é sinónimo de éxito."

 

A obesidade infantil

"Se un vai ao recreo do colexio, os nenos están sentados, xogando a maquinita e non se moven. Hai que recuperar os xogos de ocio activo."

"Nestes momentos, a obesidade infantil é a maior enfermidade de discriminación social. A obesidade vai ligada aos niveis socioeconóicos e culturais baixos na nosa sociedade".

"A cesta da compra perdeu peso entre as nosas prioridades e debemos recuperala. A veces perdemos máis tempo en buscar aparcamento que en ir a pé desde o noso domicilio. A loita contra a obesidade é unha tarefa de todos."

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018