CRTVG

Buscar

Rosario Porto nunca asumiu a súa culpabilidade e por iso lle denegaron permisos penitenciarios

Publicado o 19/11/2020 13:54

Rosario Porto e Alfonso Basterra foron condenados a 18 anos de prisión polo asasinato da súa filla Asunta. O tribunal considerou probado que elaboraron un plan conxunto para desfacerse da pequena que comezou en xullo de 2013 coa sedación continuada da vítima con lorazepan e rematou o 21 de setembro coa súa morte por asfixia.Pero ningun dos dous recoñeceu nunca a autoria dos feitos.

Rosario Porto solicitara recentemente permisos penitenciarios, pero denegáronllos precisamente porque non asumiu a culpabilidade, o que puido facer mella tamén na sua inestabilidade emocional.

Coa morte de Rosario Porto, é probable que nunca saia á luz o móbil do crime. No proceso, ao non ter consecuencias xurídicas, non se investigou. O xuíz instrutor cre que Alfonso Basterra tampouco o desvelará.

No xuízo quedou patente a fraxilidade emocional de Rosario Porto, pero non se considerou eximente. O que si cre Váquez Taín é que puido motivar o seu tráxico final.

Noticias web

19/11/2020